Blogia
vgomez

MATES DE PENSAR (VI)

MATES DE PENSAR (VI)

Solución ao problema do día anterior: 20%. Imaxina que o produto valía 100 euros antes da subida; logo valerá 125 (unha subida do 25%). Para que volva valer 100 hai que rebaixalo 25, que son un 20% do seu novo prezo (a quinta parte de 125).

E imos coa proposta de hoxe:

Teño que viaxar en autobús durante 1,5 horas e logo esperar 45 minutos ata tomar un tren que me deixará no meu destino dúas horas e media despois. Canto dura o meu traxecto?

Posibles solucións:

-      5 horas e cuarto

-      4 horas e media

-      4 hores e tres cuartos

-      260 minutos

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

0 comentarios