MATES DE PENSAR (VII)

Plano a escala / Imaxe:es.slideshare.net
Solución ao problema do día anterior: 4 horas e 45 minutos. Pasando todo a horas: 1,5 + 0,75 + 2,5 = 4,75 horas. É dicir, catro horas e tres cuartos.
E imos coa proposta de hoxe:
O meu plano está a escala 1:50000 (dous centímetros son un quilómetro) Canto representaría no meu plano unha ruta que na realidade é de 20 quilómetros? Canto será no mundo real unha ruta que no plano son 9 centímetros?
Posibles solucións:
- Ningunha é correcta
- 4cm e 4km
- 40cm e 4,5km
- 40km e 45cm
Mañá a solución!
FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es
0 comentarios