Blogia
vgomez

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (VIII)

TEST: CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL (VIII)

Coiote / Imaxe: animalpicturesociety.com

A contestación á sétima pregunta do test é: OS ORANGUTÁNS.

Un estudo publicado na revista Biology Letters concluíu que os orangutáns tamén se contaxian a risa. Posúen empatía. A velocidade coa que os orangutáns do experimento copiaron as expresións de gargalladas, suxeriu que se trataba de actos involuntarios: isto é, contaxiábanse da risa.

Imos coa pregunta de hoxe:

8. O coiote pode acadar os 80 km/h?

- Verdadeiro

- Falso

A solución o próximo día e una nova pregunta.

FONTE: Sarah Romero/ Revista Muy Interesante/Natureza

1 comentario

paideleo -

Curioso o dos orangutáns. Eu apostaría máis polos chimpancés.
Ao millor trabúcome pero 80 quilómetros por hora para un coiote parécenme un pouco muito.