Blogia
vgomez

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VI)

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VI)

Sacarina / Imaxe:athleticperformance.es

A sacarina é unha alternativa á que recorren infinidade de persoas en todo o mundo, aquelas que por coidar a liña ou por prescrición médica non queren ou non deben consumir azucre. Con todo, a pesar da súa gran popularidade e a ser un dos edulcorantes sintéticos máis antigos, pouca xente coñece as súas auténticas orixes. Probablemente sorprenderache saber que foi un “atentado” contra a hixiene nun laboratorio o que serviu para descubrir este produto.

O home que descubriu a sacarina foi un químico ruso chamado Constantin Fahlberg, nacido en decembro de 1850. A finais do século XIX, concretamente en 1879, Fahlberg desenvolvía a súa actividade profesional en Estados Unidos, na recentemente inaugurada Universidade John Hopkins (Baltimore, Maryland). O mozo científico traballaba no laboratorio de Ira Remsen, considerado por moitos co-inventor da sacarina a pesar de que o seu nome non aparecería na patente.

O día clave do gran achado, Fahlberg estivera buscando posibles derivados do alcatrán de hulla. Como calquera outra xornada regresou a casa para cear tras finalizar as súas tarefas. Cando deu unha dentada ao pan que había sobre a mesa tivo a impresión de que o seu sabor era extrañamente doce. Pediu á súa esposa que o probase, pero ela non percibiu nada estraño no seu anaco. A lámpada acendeuse nese preciso instante sobre a cabeza do químico: o edulcorante non estaba no pan, senón nas súas mans.

Efectivamente, Constantin Fahlberg descubriu a sacarina porque sentou a cear sen lavarse as mans. Demostrando un encomiable espírito científico non se asustou por inxerir unha sustancia descoñecida e talvez perigosa, senón que se apresurou a analizar e descubrir de que se trataba exactamente. Ao entender o enorme potencial do ácido anhidroortosulfaminebenzoico non dubidou en rexistrar a patente en varios países... unicamente ao seu nome e excluíndo ao seu compañeiro Ira Remsen, que montou en cólera cando coñeceu a noticia. «Fahlberg é un lercho. Prodúceme náuseas escoitar o meu nome na mesma frase que o seu», chegou a dicir.

 Dous anos máis tarde, Fahlberg comezou a producir sacarina nunha fábrica en Alemaña. Aínda que a súa popularidade non terminou de dispararse ata tempo despois da súa morte, as vendas do edulcorante reportáronlle zumentos beneficios. Un descubrimento accidental que chegou ata os nosos días, unhas veces envolvido en polémica, outras eloxiado mesmo polos seus posibles efectos anticanceríxenos. E todo porque unha noite, quizá con demasiada fame para cinguirse ao protocolo, un científico decidiu deixar de lado os seus modais e cear sen lavarse as mans.

FONTE: Bitácoras/xornal abc

0 comentarios