CHEGAN OS COGOMELOS

As primeiras deste outono / Imaxe: Víctor
Un ano máis os amantes dos cogomelos saímos a percorrer os montes na procura deste fantástico tesouro agochado.
Na tarde de onte fixen a primeira saída deste outono. Apañei só dúas especies: a primeira e máis abondosa foron os níscalos ou robellóns (Lacatarius deliciosus) e da segunda só uns poucos boletus (Boletus aereus).
Non estivo mal! Gocei da natureza e aínda trouxen algo para a cea!
Iso si, se decidides ir na súa procura sempre ide acompañados dunha persoa que coñeza este mundo da micoloxía, unha cesta e unha navalla. Nunca vaides por libre, é cando acontecen accidentes, pois non todas as especies son comestibles.
Viñen un chisco triste pois vin especies arrancadas, como se andivesen a patadas con elas. Se son son comestibles deixanse e non se estragan!
Para estudar e consultar, aquí tedes unha GUÍA.
Sede prudentes!
0 comentarios