ADIVIÑA O PLANETA VI

A contestación á pregunta do día anterior é URANO.
Urano é o sétimo planeta do sistema solar e o cuarto máis masivo. Urano posúe a atmosfera planetaria máis fría do sistema solar; a súa temperatura mínima é -224 °C. O seu interior está composto primordialmente de xeo e roca.
E agora, a pregunta de hoxe:
Este planeta extrasolar ten unha masa moi parecida á Neptuno e atópase na constelación de Cancro a uns 41 anos luz da Terra. (Pista: tamén o chaman o planeta diamante)
- CoRoT 7b
- 51 Pegasi b
- Kepler-11
- 55 Cancri e
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios