Blogia
vgomez

WIFFI 10.000 VECES MÁIS ECONÓMICA

 

No paper titulado "Dotando de Wifi aos próximos mil millóns de dispositivos", Vamsi Talla, Bryce Kellogg, Benjamin Ransford, Saman Naderiparizi, Shyamnath Gollakota e Joshua R. Smith, estudantes da universidade de Washington, citaban a Nicola Tesla. Un xesto que fai xustiza á memoria deste visionario maldito, esquecido primeiro e agora reivindicado por moitos como un dos grandes xenios da ciencia e a tecnoloxía. O físico croata iniciou en 1901 o que ía ser o seu proxecto máis ambicioso, a torre de Wardenclyffe, mediante a cal pretendía transmitir a todo o planeta a través repetidores enerxía e comunicacións de forma inalámbrica e gratuíta. A famosa torre Tesla chegou a ser construída en Long Island e mesmo funcionou nun par de probas, pero despois o banqueiro J. P. Morgan, que era quen o financiaba, abandonou o proxecto e a construción terminou por ser destruída en 1917. Durante moito tempo especulouse acerca das posibilidades reais que tería a xigantesca antena se permitisen a Tesla desenvolver todas as súas capacidades (mesmo dous científicos rusos anunciaron hai anos a súa intención de volver levantala), e hoxe sabemos que as súas intuicións talvez non estivesen moi desencamiñadas. De feito, o que os investigadores da universidade de Washington afirman é que é poden replicar, a pequena escala, o que Tesla pretendía para solucionar os problemas derivados do alto consumo de enerxía que requiren as comunicacións inalámbricas.

Calcúlase que cara ao 2020 haberá ao redor de 20.000 millóns de obxectos conectados á rede. A Internet das cousas xa é unha realidade, pero atopámonos aínda nos seus primeiros balbuceos. Para a maioría é habitual ter un odenador, un teléfono ou unha televisión conectados a Internet, pero en moi poucos anos tamén o estarán a nosa neveira, o coche, os servizos de calefacción da casa e mesmo a roupa que levemos posta. Esta proliferación de conexión levará asociada, sen dúbida, un enorme gasto eléctrico e ese é o problema que os investigadores da universidade de Washington queren resolver. O seu sistema, que denominaron "wifi pasivo", en lugar de obrigar ao router a que estea constantemente emitindo un sinal como sucede actualmente, aproveita a capacidade que teñen as ondas de radio de reflectirse ou rebotar para aforrar enerxía.

O sistema sairá ao mercado en breve a través de Jeeva Wireless, a compañía que creou este grupo de estudantes, e desde a súa páxina web aseguran que son capaces de ofrecer wifi 10.000 veces máis barata que os sistemas actuais. Se están no certo e a súa proposta xeneralízase, ademais de aforrar electricidade, as baterías dos nosos dispositivos poderían alongar significativamente a súa vida. Ese será o momento no que, como escribiu April Glaser en Wired, todos teremos que enviar a estes raparigos unha nota de agradecemento.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/ Xornal El País

0 comentarios