Blogia
vgomez

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA VI

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

11. Non sexa o demo

Frase a medias entre a superstición e a previsión. Os galegos queremos ter todo ben atado e, para non arriscar sen necesidade, é mellor evitalo para que non suceda nada. Así que vemos todas as posibilidades e, non sexa o demo hai que deixar todo ben atado. Algo así como toca madeira. Semellante a este significado é polo si ou polo non ou máis vale previr que curar.

 

12. Tarde piaches

Dicímosllo a unha persoa que ofrece a súa opinión, desacordo ou resposta a algo cando xa non ten sentido porque é demasiado tarde. Podería dicilo antes porque xa non se está a tempo de facer cambios.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: gl.wikipedia.org e tardepiaches.com

Continuará...

0 comentarios