Blogia
vgomez

DINOSAURO XIRAFA

 Europatitan eastwoodi, con su gigantesco cuello de unos 10 metros Europatitan eastwoodi, co seu xigantesco pescozo duns 10 metros / Davide Bonadonna / Colectivo Arqueolóxico-Paleontolóxico de Salas  

Un equipo internacional de científicos liderados desde o Museo de Dinosauros de Salas de los Infantes (Burgos) e a Universidade de Zaragoza presentou esta semana na revista Peer J unha nova especie de dinosauro: Europatitan eastwoodi. O nome fai alusión á súa orixe europea e ao seu gran tamaño (como os titáns da mitoloxía grega), así como ao actor e director de cinema Clint Eastwood, un dos protagonistas da película "O Bo, o Feo e o Malo", que se rodou na mesma comarca burgalesa da Serra da Demanda onde se descubriron os restos do enorme animal.

Os autores identificaron á nova especie como un dinosauro saurópodo, réptiles de grandes dimensións con pescozo e cola longos. Neste caso podería alcanzar 27 metros de lonxitude, e o seu peso chegaría ás 35 toneladas. A antigüidade da fósiles rolda os 125 millóns de anos, ao principio do período Cretáceo (era Mesozoica). 

Os restos fósiles extraéronse do xacemento Oterillo II, situado entre Salas de los Infantes e Barbadillo del Mercado (Burgos), durante tres campañas de escavacións (entre 2004 e 2006) financiadas pola Junta de Castela e León e a Fundación Dinosauros. Recuperouse un esqueleto semicompleto e parcialmente articulado, con moitos ósos dispostos tal como morreu o animal. A lista de elementos anatómicos recolleitos inclúe un dente, vértebras do pescozo, costas e cola, ombreiro, man e pelvis.

O novo dinosauro ten unha combinación única de caracteres anatómicos, nunca vistos noutras especies de dinosauros. Os ósos máis característicos son as costelas, escápula (equivalente ao noso omoplato), e as vértebras dorsais (das costas). O estudo revela que esta especie estaría situada na base da evolución dos chamados sonfospóndilos (con "vértebras esponxosas", nome que refire a posesión de ósos con grandes ocos internos).

O máis sorprendente para os investigadores foi comprobar as dimensións das vértebras do pescozo: ata 114 cm de lonxitude e 90 cm de alto. Estes animais tiñan ata 15 vértebras de pescozo, non todas do mesmo tamaño, e estímase que a lonxitude total do pescozo deste coloso estaría entre 10 e 11 metros. Era un pescozo extremadamente longo, que podería duplicar en lonxitude ao tronco e ser tan longo como a súa cola. De feito, este dinosauro forma parte dos coloquialmente coñecidos como "dinosauros xirafa", entre os que destaca unha especie norteamericana denominada Sauroposeidon, cuxas vértebras do pescozo son moi semellantes ás de Europatitan.

A pesar do seu formidable tamaño, o peso destes ósos non sería excesivo, pois presentaban un pronunciado aligeramiento a base do que os investigadores denominan neumaticidad (conxunto de ocos e escavacións nos ósos, mesmo con cavidades dentro da masa ósea). Segundo os expertos, "eran grandes ósos dunha fraxilidade asombrosa.

Os investigadores tamén sinalan que o pescozo destes dinosauros podería dispoñerse case vertical e tería bastante mobilidade. Iso permitíalles conseguir alimento de árbores de gran altura. No caso de Europatitan, a súa cabeza podería estar a 16 metros por encima do chan, polo que se considera como un dos dinosauros coñecidos máis altos de Europa.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios