ALTERNATIVAS AOS PAIS PEGÓNS!
O mañtrato físico non é a solución / Imaxe: xornal abc
O castigo físico na educación dos fillos pode traer consecuencias negativas na súa evolución e achegar alternativas saudables e positivas. Para axudar aos pais neste labor dunha educación sen violencia, a fundación ANAR recomendan tomar notas dos seguintes consellos:
1. Dedicade tempo a estar cos vosos fillos. O tempo que pasedes falando con eles ou compartindo os seus xogos, é un agasallo para todos e é importante facelo desde idades temperás. Convidádelles a que vos falen do seu día a día e facédeo tamén vós adaptando a linguaxe á súa idade. Desta maneira estarédeslles a ensinar que é normal ter problemas e a forma de buscar solucións, ademais de construír unha convivencia positiva.
2. Poñédevos de acordo entre vós, pais, nas normas, límites e consecuencias que ides establecer. Para que eles medren e evolucionen positivamente, necesitan saber que na súa familia hai unhas normas que cumprir, uns límites que respectar e unhas consecuencias (nunca malos tratos físicos nin psicolóxicos) en caso de non facelo. E é importante que vos mostredes unidos e firmes nesas decisións e no cumprimento das consecuencias para que eles non poidan manipular a situación.
3. Adaptade as normas e límites á súa idade. Sobre todo na adolescencia, é importante que impliquedes aos vosos fillos na elección das normas e límites que se van a establecer e así será máis fácil que as cumpran. Con todo, é recomendable que lles deixedes claro que, como pais, tedes a obrigación de protexerlles e buscar o seu benestar.
4. Escoitádeos. Se quebrantou algunha norma ou se saltou algún límite, antes de aplicar as consecuencias a ese comportamento, escoitade as súas razóns. Talvez sexa necesario que teñades que sancionarlle despois da súa explicación, pero sentirá escoitado e atendido emocionalmente.
5. Usar o castigo físico como método para educar é prexudicial en todos os niveis de desenvolvemento. Ademais, pode xerar a longo prazo dificultades nas relacións cos demais e alteracións na saúde mental. Hai alternativas que non danarán a súa integridade como, por exemplo, a retirada de privilexios.
6. Sede coherentes na aplicación de consecuencias. As consecuencias que apliquedes ao incumprimento das normas deben ser proporcionadas ao feito que se produciu e axustadas no tempo para conseguir o efecto desexado: a aprendizaxe.
7. Sodes exemplo para os vosos fillos. Se sodes violentos con eles á hora de educalos, estades a ensinarlles un modelo agresivo de resolver conflitos que lles traerá moitas dificultades na súa vida adulta, xa que poden reproducilo. Se, pola contra, mostrádesvos firmes pero próximos na vosa forma de educalos, estades a transmitirlles que poden contar convosco e non necesitarán buscar fóra de casa o afecto que necesitan para crecer e evolucionar positivamente.
8. Antes de actuar por impulso, parádevos a pensar. É necesario saber identificar os sinais que vos avisan que vos estades alterando. Nese momento, é importante aprazar a conversación co voso fillo a outro momento en que poidades falar do ocorrido con tranquilidade. Lembrade que eles, igual que vós, non son perfectos e poden cometer erros. Desta maneira estadeslles a ensinar que o comportamento das persoas non debe estar manexado por impulsos e emocións negativas.
9. Levar unha vida sa, favorece a saúde emocional. Consumir calquera tipo de droga, incluso as aceptadas socialmente (alcol e tabaco), ou non descansar o suficiente, pode facer que esteamos máis sobrecargados de tensións. Nunha alta porcentaxe dos casos de malos tratos, o alcol está presente. Se vos alimentades adecuadamente, descansades o suficiente e descargades tensións a través da actividade física, estaredes máis tranquilos e relaxados na vosa convivencia familiar.
10. Se tedes dificultades para establecer unha boa comunicación e convivencia cos vosos, buscade axuda profesional. É posible que as circunstancias e vivencias que tivésedes ao longo da vosa vida, inflúan na maneira de establecer relacións e dificúltenvos a convivencia familiar. Se isto é así, buscar axuda profesional axudaravos non só a vós, senón que os vosos fillos tamén se beneficiarán diso.
Con todo, desde esta fundación convidan a todas as persoas que necesiten orientación sobre este asunto a que se poñan en contacto con eles. Os interesados poden facelo a través das liñas de axuda: Teléfono ANAR do Adulto e a Familia (600 50 51 52) ou Email ANAR, entrando na páxina web (www.anar.org). En calquera delas, un equipo de psicólogos apoiados por traballadores sociais e avogados, resolverán as dúbidas os 365 días do ano, as 24 horas do día.
Educar aos fillos nunca foi un traballo fácil!
FONTE: Laura Peralta/xornal abc
0 comentarios