SURTSEY
Surtsey é unha illa volcánica situada a aproximadamente 32 km da costa meridional de Islandia, preto do arquipélago de Vestmannaeyjar. Constitúe o punto máis austral do país e formouse a partir dunha erupción volcánica que se iniciou a 130 m por baixo do nivel do mar e emerxeu á superficie o 14 de novembro de 1963. A erupción durou ata o 5 de xuño de 1967, momento no que a illa alcanzou o seu tamaño máximo de 2,7 km² (270 ha). Desde entón a acción erosiva do vento, a auga e o xeo reduciron constantemente o seu tamaño ata as 141 medidas en 2008.
A nova illa recibiu o nome de Surt, un jötunn de lume da mitoloxía nórdica. Durante a súa erupción foi intensamente estudada polos vulcanólogos e unha vez que rematou, converteuse en obxecto de investigación de biólogos, debido a que achega unha valiosa información sobre a colonización dunha terra estéril. Forma parte do sistema volcánico submarino de Vestmannaeyjar que á súa vez é parte da dorsal mesoatlántica. Este sistema volcánico é o que produciu a famosa erupción de Eldfell na illa de Heimaey en 1973. Xunto a esta illa formáronse outras máis pequenas como Jólnir, aínda que a maioría non teñen nome porque se erosionaron rapidamente. Surtsey foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2008.
FONTE: El Documentario
0 comentarios