Blogia
vgomez

CANTO SABES DE HISTORIA VIII

 

Vamos al Renacimiento¿En dónde murió Leonardo Da Vinci, el máximo exponente del arte Renacentista?

 

A resposta á pregunta do día anterior é CONSTRUTOR DE PONTES. Así se chamaba aos funcionarios que se ocupaban das pontes que cruzan as augas do Tíber. Máis tarde o termo tomou outro significado, os pontífices eran homes que pertencían ao consello relixioso supremo da antiga Roma, chamado Colexio de Pontífices (Collegium Pontificum), no que o Pontifex Maximus posuía a máxima representación relixiosa. Non en balde, o xefe do colexio dos pontífices foi en tempos antigos o mesmo rei e certamente todos os emperadores romanos revestiron esta autoridade: o mesmo Constantino, o maior impulsor do cristianismo, quixo revestila. Os pontífices por unha banda presidían o culto nacional (non esquezamos que en Roma a relixión era unha cuestión de Estado) e por outra inspeccionaban o culto privado, as vodas, as ofrendas aos defuntos, etc. e, de entre eles, o chamado rei dos sacrificios, asumía as antigas funcións sacras do rei.

E imos coa pregunta de hoxe...

8.  Onde morreu Leonardo Dá Vinci, o máximo expoñente da arte Renacentista?

-  Francia.

- Venecia.

- Florencia.

- Roma.

- España.

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: juandb/viralizalo.com

0 comentarios