Blogia
vgomez

RECOPILATORIO DO ANO: PALABRAS

RECOPILATORIO DO ANO: PALABRAS

 

Por votación popular a raíz da iniciativa do Portal das Palabras, un proxecto web da Real Academia Galega e da Fundación Barrié, a palabra do ano no nos idioma foi: AFOUTEZA.

Consultado o dicionario da RAG, aparece cos seguintes significados:

1 Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades. "A afouteza do heroe non coñecía límites". 2 Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme. "Ergueuse e respondeulles con afouteza". 

 
No dioma español, a palabra do ano, escollida entre aqueles termos que estiveron presentes en maior ou menor medida na actualidade informativa durante os últimos meses e teñen, ademais, interese desde o punto de vista lingüístico, elexida pola Fundación do Español Urxente, promovida pola Axencia EFE e BBVA, foi APOROFOBIA.

Consultado o dicionario da RAE, aparece co seguinte significado:

1 Fobia a las personas pobres o desfavorecidas.

É o que hai!

 

0 comentarios