CANTO SABES DE HISTORIA XVII
Hitler saludadndo / Imaxe: historiacultural.com
A resposta á pregunta do día anterior é 1467 a 1469. A Revolta Irmandiña, foi unha rebelión popular que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469. Durante o século XV, os nobres galegos sometían á poboación a unha serie de desmáns, tales como roubos, violacións e cobro de impostos desorbitados ao seu antollo. Tiñan á xente atemorizada, ata o punto de que os campesiños non ousaban saír de casa e tiñan que durmir nas igrexas por seguridade. Os señores desde as súas fortalezas organizaban os roubos e saqueos de bens e colleitas, á vez que desposuían á Igrexa de terras e tesouros. Desde 1230, Galicia era un territorio dependente do reino de Castela. En 1464, o rei Enrique IV de Castela viuse obrigado pola nobreza para desposuír á súa filla Juana a Beltraneja do título de Princesa de Asturias e nomear herdeiro no seu lugar ao seu medio irmán Alfonso. Un ano despois os mesmos nobres derrocaron a Enrique IV e proclamaron rei de Castela a Alfonso, provocando o estalido dunha guerra entre os partidarios dun e outro. Os nobres decantáronse polo bando de Alfonso, mentres que o pobo e os poderes eclesiásticos permaneceron fieis ao rei lexítimo, Enrique IV. As clases populares solicitaron permiso ao rei para organizarse nunha "irmandade", co fin de acabar coas fechorías dos nobres e así, en 1467, Enrique IV aprobou a Irmandade do Reino de Galicia. O que en principio estaba pensado para restablecer a orde e protexer os seus intereses, pronto se converteu nunha revolta en toda regra. Sumáronse a esta xustiza do pobo tanto campesiños como xente de cidade, fidalgos, cabaleiros e algúns clérigos. A ira dos irmandiños levounos a derrubar cuantos castelos e torres houbese en Galicia, segundo as crónicas foron destruídos 130 castelos e fortalezas. A pretensión dos irmandiños era romper a relación de vasalaxe, non pagar as rendas do señor e aproveitar o baleiro de poder xerado pola guerra civil en Castela para levantar un novo poder. Os irmandiños formaron exércitos de milicianos de ámbito rexional unindo localidades e comarcas, que se xuntaban para acometer asedios ou batallas grandes. Non houbo represalias contra os vasallos que ousaron rebelarse contra os seus señores, fose practicamente imposible, dado o carácter masivo da revolta. Aínda que finalmente foron vencidos, os irmandiños conseguiron que houbese xustiza no seu reino entre 1467 e 1469.
E imos coa pregunta de hoxe...
17. Cando e como comezou a II Guerra Mundial?
- Comezou co pacto expansionista asinado por Xapón, Italia e Alemaña o 1 de setembro de 1939.
- Comezou coa invasión da URSS por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939.
- Comezou coa invasión de Polonia por parte de Alemaña o 1 de setembro de 1939.
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com
0 comentarios