CANTO SABES DE HISTORIA XX
Trafalgar / Imaxe: abc.es
A resposta á pregunta do día anterior é CASA DE BORBÓN. O escusón representa á Casa de Borbón, a reinante en España, formado por tres flores de lis sobre fondo azul. A chegada dos Borbóns a España produciuse pola morte sen descendencia directa de Carlos II, da casa Habsburgo. Había dous pretendentes, Felipe de Anjou da casa Borbón e o Archiduque Carlos da casa Habsburgo, o que provocou a Guerra de Sucesión (1701-1715) que gañou o primeiro, acabando coa dinastía Habsburgo en España e iniciando o primeiro reinado Borbón.
E imos coa pregunta de hoxe...
20. A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805. Os bandos que participaron no combate foron o británico, e unha confederación franco-española. Quen reinaba en España? Quen foi o gañador da contienda?
- Fernando VII. Confederación franco-española.
- Calos IV. Británicos.
- Carlos III. Británicos.
- Carlos I. Confederación franco-española.
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Adaptación propia da idea de juandb/viralizalo.com
0 comentarios