Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS II

Os irmáns Lumière / Imaxe: miperiodicodiario.blogspot.com.es

A resposta á pregunta do día anterior é 105 d.C. A invención do papel atribúese a un eunuco chinés chamado Cai Lun  que pertencía á corte do emperador Hei, da dinastía Han (202 a. C. 220 d. C.). Cai Lun desenvolveu un proceso de produción de papel co que creou un soporte para a escritura que melloraba significativamente o anterior. Ata ese momento usábase unha base de seda ou táboas de bambú, métodos que resultaban moi custosos ou ben eran pouco prácticos para o seu almacenamento. Cai Lun conseguiu un soporte papel a base de cortiza da árbore da morera, cáñamo e bambú.

E imos coa pregunta de hoxe...

2.  Cal foi a primeira película da historia do cinema gravada co cinematógrafo inventado polos irmáns Lumière?

- Saída da fábrica Lumière

- Viaxe á Lúa

- O can andaluz

- Un home lobo en París

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es

0 comentarios