Pila voltaica / Imaxe: i.pinimg.com
A resposta á pregunta do día anterior é 1903. Tras facer unha das súas primeiras viaxes en tranvía pola cidade de Nova York, Mary Anderson (1866-1935), unha estadounidense de Alabama, viu a necesidade de inventar algún dispositivo que permitise despexar o parabrisas da choiva e o barro que se acumulaban nel. Así xurdiu un dos inventos máis útiles do mundo automobilístico, da man esta muller emprendedora que ademais foi unha das primeiras en conseguir unha patente ao seu nome, sen necesidade de usar o do seu marido.
E imos coa pregunta de hoxe...
14. Alessandro Volta, un físico italiano nado en 1745, é o responsable do invento da pila voltaica. Fronte a que gran líder efectuou unha das súas demostracións máis soadas?
- Napoleón
- Os Reis Católicos
- Winston Churchill
- O Papa Pío X
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: nationalgeographic.com.es
0 comentarios