CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? XVII
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Gaivota tridáctila. De nome científico Rissa tridactyla, é un ave de tendencias coloniais, que ten nas costas do noroeste da Península Ibérica os seus núcleos máis meridionais de cría. Durante a época de reprodución instálase en elevados cantís, onde confecciona uns sofisticados niños aproveitando calquera repisa ou greta da rocha, frecuentemente en compañía doutras aves mariñas. Pasado o período reprodutor, estas aves retoman os seus hábitos peláxicos e vagan por mar aberto á procura das pequenas presas que constitúen o seu alimento. Ten unha lonxitude de 38 a 40 cm e unha embergadura de 93 a 120 cm
E imos coa pregunta de hoxe!
17. Iste é un réptil endémico da Europa suroccidental e que tamén vive en Galicia. Poderías identificalo?
- Lagarto atlántico
- Lagartixa verdosa
- Lagarto arnal
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org Imaxe: ridimoas.wixsite.com
0 comentarios