A CIENCIA NO 2020 (III)
Continúo co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno ao mes de...
MARZO
1. O pito marabilla: Un novo tipo de ave bautizada como Wonderchicken, o pito marabilla (Asteriornis maastrichtensis), o primeiro paxaro moderno que viviu fai 66,7 millóns de anos, menos dun millón de anos antes do impacto de asteroide que condenou a todos os dinosauros non aviarios. Está estreitamente relacionada co devanceiro común máis recente das aves terrestres e acuáticas.
2. A OMS declara a pandemia por coronavirus: O mércores 11, a OMS declarou oficialmente a pandemia polo novo coronavirus SARS-CoV-2, debido ao alcance da epidemia fóra de China. Xa a finais de febreiro, a OMS alertou ao mundo de que se preparase para unha ‘eventual pandemia’.
3. Atopan en Canadá un fragmento dun antigo continente perdido: Os fragmentos do Cratón do Atlántico Norte, unha gran masa de terra que se estendía desde Europa ata América do Norte, atopáronse na illa de Baffin, no norte de Canadá. Os científicos topáronse con eles mentres buscaban mostras de diamantes na área.
4. Nace unha cría de dragón de Komodo sen presenza de macho: As tres crías naceron o 4 de agosto de 2019. Charlie, nai primeriza, reproduciuse sen necesidade do macho, un fenómeno coñecido como partenoxénese.
Continura. Mañá abril!
FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es
0 comentarios