REPARECE UN INSECTO PAU DADO POR EXTINTO
Unha parella de insectos pau da illa de Lord Howe /Rohan Cleave, Zoo de Melbourne
A illa de Lord Howe é unha masa de terra en forma de media lúa fronte á costa de Australia. Durante moito tempo, foi o fogar duns xigantescos insectos pau do mesmo nome, que mesmo superaban os 15 cm de lonxitude. Pero cando os barcos levaron ás ratas accidentalmente ata a illa hai aproximadamente un século, estas criaturas desapareceron rapidamente.
Os insectos foron declarados extintos e non se volveron ver ata unhas décadas despois na próxima e fascinante Pirámide de Ball, un illote volcánico escarpado que mide case dúas veces a Torre Eiffel e levántase en metade do océano Pacífico. Con todo, eses insectos recentemente descubertos non parecían os mesmos que os antigos exemplares conservados en museos, o que suscitaba dúbidas sobre a natureza da súa verdadeira identidade.
Agora, un equipo de investigadores analizou o ADN dos insectos vivos e mortos da illa de Lord Howe e están convencidos de que son o mesmo animal, de nome científico Dryococelus australis, os escasos xemplares descubertos na deshabitada Pirámide de Ball críanse agora no Zoológico de Melbourne e noutros lugares.
O achado, publicado na revista Current Biology, aumenta considerablemente a probabilidade da reintroducción do insecto na illa. A comunidade de Lord Howe apoiou un plan para distribuír gran envelenado no lugar coa esperanza de erradicar ás ratas. Se ten éxito, o seguinte capítulo da historia dos insectos pau podería ter lugar na súa illa ancestral.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios