Blogia
vgomez

CONSTANTE DE CONWAY

CONSTANTE DE CONWAY

 

Cal é o seguinte número da secuencia 1, 11, 21, 1211, 111221, 312211… que aparece na imaxe?

O gran matemático británico John Conway (1937) estudou esta secuencia, denominada Look-and-See (mira e di) pola súa peculiar forma de xeración, e derivou dela a constante que leva o seu nome, que é un número irracional algebraico: 1,30357… (un número algebraico é solución dunha ecuación, e a constante de Conway é a única solución real positiva dunha ecuación de 71º grao).

Fíxate ben e a pola secuencia seguinte!  

Mañá a solución!

FONTE: Carlo Frabetti/O xogo da ciencia/Xornal El País

0 comentarios