CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA XVII
A resposta á pregunta do día anterior é MESOZOICO. A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e finalizou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos. Durante estes 160 millóns de anos non se produciron grandes movementos oroxénicos. Nesta era desapareceron grandes grupos de animais como os trilobites, graptólitos e peixes acoirazados. Os invertebrados característicos deste período foron as amonitas, de casca con forma de caracol, e as belemnitas, máis pequenas e coa casca alongada e puntiaguda, entre outros equinodermos, braquiópodos e cefalópodos. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles, polo que á Era Secundaria chámaselle tamén a Era dos réptiles ou Era dos dinosauros. Nesta era aparecen tamén os mamíferos, as aves, e as anxiospermas ou plantas con flores.
E imos coa pregunta de hoxe...
17. Cantos satélites ten o planeta Marte?
- 1
Ver más en: https://www.20minutos.es/trivial/48/cuanto-sabes-de-ciencia/#xtor=AD-15&xts=467263
- 2
- 3
- Non ten
Ver más en: https://www.20minutos.es/trivial/48/cuanto-sabes-de-ciencia/#xtor=AD-15&xts=467
Maná a solución e unha nova proposta.
0 comentarios