Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA XXX (FIN)

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA XXX (FIN)

Aorta / Imaxe: mayoclinic.org


A resposta á pregunta do día anterior é VENTRÍCULO ESQUERDO. A aorta é a arteria de maior calibre. Sae do ventrículo esquerdo, ascende formando un arco, chamado arco aórtico, e despois descende pegada á columna vertebral por detrás do corazón. Atravesa o diafragma (hiato aórtico do diafragma) na parte máis posterior deste músculo. A partir de entón denominarase aorta abdominal. Ó longo do seu traxecto dá numerosas ramas. Remata nas arterias ilíacas comúns. A función da aorta é transportar e distribuír sangue rico en osíxeno a todas as arterias 

               

E así remato esta serie de preguntas sobre as Ciencias da Natureza. Espero que servise para repasar e indagar.

Pronto comezarei unha nova proposta sobre outra temática.

Ata entón!

0 comentarios