CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS VI

Eoraptor / Imaxe: esacademic.com
A resposta á pregunta do día ante rior é MEGALOSAURUS. O profesor inglés de xeoloxía, William Buckland (1784-1856), foi o responsable tras estudar un gran dente achado nunha canteira de lousa de Oxfordshire, Inglaterra en 1824. O megalosaurus foi un depredador bípedo duns 9 metros de longo e ao redor dunha tonelada de peso e ostenta o récord de ser o primeiro en ser descrito e nomeado de entre todos os dinosauros que se coñecen.
E imos coa pregunta de hoxe...
6. A que época do mesozoico pertencencería o Eoraptor?
- Cretácico
- Cámbrico
- Triásico
Maná a solución e unha nova proposta.
0 comentarios