CANTO SABES SOBRE OS DINOSAUROS XI
Desaparición dinosauros / Imaxe: viralizalo.com
A resposta á pregunta do día anterior é COMPSOGNATHUS. Durante décadas, o Compsognathus foi famoso por ser o dinosauro máis pequeno coñecido; os especímenes colleitados miden ao redor dun metro de lonxitude. Con todo, dinosauros posteriormente descubertos, como Caenagnathasia, Microraptor e Parvicursor, foron mesmo máis pequenos. Estímase que Compsognathus pesaba preto de 3 quilogramos. O Compsognathus foi un animal pequeno e bípedo con longas patas traseiras e unha cola alongada, que utilizaba para manter o equilibrio durante a locomoción. Os membros dianteiros eran máis pequenos que os traseiros e estaban provistos de tres dedos equipados con garras sólidas adaptadas para capturar presas. O seu delicado cranio era estreito e longo, cun fuciño puntiagudo. O cranio tiña 5 pares de fenestras, aberturas craniais, sendo as máis longas as órbitas oculares, onde se atopan os ollos no animal vivo. Os ollos eran grandes en proporción ao resto do cranio.
E imos coa pregunta de hoxe...
11. Cal é a teoría máis aceptada pola que se extinguiron os dinosauros?
- Un gran meteorito impactou sobre o planeta
- Deus extinguiunos
- A activación dun gran número de volcáns por todo o globo terrestre
- Unha gran glaciación
Maná a solución e unha nova proposta.
0 comentarios