CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? V
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Verdadeiro. En efecto, os polbos teñen un cerebro que se atopa a anos luz do dos seus competidores. De feito, a súa rede neuronal, extremadamente complexa, expándese fóra dos límites da súa cabeza, abarcando os seus tentáculos, ventosas e mesmo a pel, facendo destes animais de 8 brazos auténticos cerebros andantes. Esta é a razón pola que moitos falan, erroneamente, de que o polbo ten 8 cerebros.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. E falando do cerebro dos polbos, sabes de cantas neuronas fai gala o sistema nervioso destes animais? Unha pequena pista: non te quedes curto...
- 10.000 neuronas
- 600.000 neuronas
- 120 millóns de neuronas
- 500 millóns de neuronas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: Cordon Press/nationalgeographic.com.es/naturaleza
0 comentarios