CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? IV
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2 pares. As abellas teñen dúas ás en cada lado do seu corpo, as cales se manteñen xuntas por uns pequenos dentes en forma de peite chamados en conxunto hamuli. Estes dentes permiten que as dúas ás actúen como unha gran superficie e axudan á abella para crear un gran sustento cando voan. Ademais, teñen seis patas unidas ao tórax.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. As abellas empregadas na apicultura son as abellas europeas Apis mellifera. Non en balde, é a especie da que temos un maior coñecemento. Axúdannos a polinizar os cultivos e provennos do mel que consumimos. Pero, todas as abellas producen mel?
- Si
- Non, só as abellas solitarias
- Non, só as abellas melíferas
- Non, só as abellas europeas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org Imaxe: nationalgeographic.com.es
0 comentarios