BASE HUMANA ESTABLE NA LÚA
O próximo ano cumprirase medio século da chegada do Apolo XI á Lúa. A efemérides, ademais de servir como escusa para lembrar o histórico paseo de Neil Armstrong e Buzz Aldrin nas proximidades do Mar da Tranquilidade aquel 21 de xullo de 1963, activará sen dúbida todo tipo de especulacións acerca das futuras posibles visitas ao noso satélite.
Bernard Foing, director do Grupo Internacional de Exploración Lunar na Axencia Espacial Europea, non ten dúbidas respecto de que “no futuro a Humanidade terá unha presenza permanente na lúa. Será entón cando adquiramos a consciencia de ser unha civilización biplanetaria”. O Proxecto Moon Village da ESA quere establecer unha poboación estable na lúa na que humanos e robots traballen xuntos de forma colaborativa na exploración espacial, pero tamén na minería ou a investigación científica.
A idea non é nova; nunha nota de prensa publicada en 2016, Jan Woerner, director xeral da ESA, xa se mostraba entusiasmado coas posibilidades que ofrece o proxecto: “Dende unha perspectiva científica, a Lúa é verdadeiramente fascinante. En primeiro lugar como un arquivo da historia temperá da Terra, pero tamén porque poderiamos emprazar un telescopio no lado máis afastado do satélite e mirar no universo profundo sen ningunha interferencia de sinais humanos. Para futuras misións espaciais, na lúa poderíanse desenvolver e probar métodos baseados en novas tecnoloxías, como a fabricación de novos materiais, que potencialmente poderían facer uso dos recursos dispoñibles alá arriba”.
A dara tentativa para que se produza este salto na conquista espacial que ofrece Bernard Foing é o ano 2030, unha posibilidade tan próxima no tempo que esperta a vertixe dos menos optimistas. Con todo, Foing vai máis aló ao considerar que Moon Village permitirá non só traballar na lúa, senón tamén o nacemento do primeiro humano fóra do noso planeta cara ao 2040. Sería entón cando a nosa especie, sempre lanzada cara ao futuro desde que fai miles de anos decidise mirar aos ollos do lume en lugar de fuxir das chamas, dando entón un paso xigantesco na súa expasión planetaria. Foing alíñase aquí cos máis entusiastas e augura o nacemento dunha nova economía, unha nova tecnoloxía e unha nova sociedade… pero tamén dunha nova forma de pensarnos a nós mesmos: “Algúns din que establecer unha colonia na lúa podería facer que xurdise un renacemento humanístico fose do planeta Terra”. Un renacemento humanista necesario para a nosa continuación como especie e que, hai xa 50 anos, Neil Armstrong anticipou cando, en metade da Guerra Fría, conversando por teléfono co presidente Richard Nixon desde a Lúa dixo: “Representamos a todos os homes de paz da Terra. Isto é unha visión de futuro”.
FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País
0 comentarios