Blogia
vgomez

WORLD PRESS PHOTO

Fotografía gañadora do World Press Photo / AFP/Xornal El Mundo

O fotoperiodista venezolano Ronaldo Schemidt recibiu o pasado xoves en Amsterdam o premio World Press Photo por unha imaxe que retrata a queima accidental dun manifestante da oposición durante uns disturbios en Caracas, en maio de 2017. A instantánea recolle o momento no que José Víctor Salazar, de 28 anos, corre envolvido en chamas ao ser alcanzado por un chorro de gasolina proveniente dunha moto da Garda Nacional Bolivariana, que foi capturada e incendiada polos manifestantes cun cóctel molotov.

O mozo, convertido nun facho humano e ataviado cunha máscara de gas, corre en busca de axuda para apagar o lume do seu corpo, mentres ao fondo da imaxe apréciase, pintado na parede en cor negra, un pequeno grafiti dunha pistola que apunta cara á palabra "paz".

Se queres coñecer o resto defotografías do World Press Photo preme AQUÍ.

World Press Photo, fundada en 1955, é unha organización independente sen ánimo de lucro con sede en Ámsterdam (Países Baixos), coñecida por organizar o maior e máis prestixioso concurso anual de fotografía de prensa.

FONTE: Elmundo.es/medios

 

0 comentarios