Blogia
vgomez

EXPERIMENTO SOCIAL CONTRA O BULLYING

 

Netflix levou a cabo un experimento social para a promoción da nova tempada da serie "Por 13 razóns". Para iso, a plataforma reuniu a 20 alumnos dunha clase para que levarán a cabo varias tarefas.

Unha delas é que escribisen os insultos que escoitan a diario, entre os que se atopaban os seguintes cualificativos: "raposa", "mouro de merda", "balea". Uns termos que, debido á súa abundancia, acaban cubrindo a lousa dunha aula.

Logo pregúntanlles aos adolescentes que lle parecen eses cualificativos. Algúns non lle dan importancia aínda que outros aseguran que "non sabes realmente, cando o dis, que a esa persoa pódelle doer" ou que "hai xente á que lle poden marcar a vida".

Logo pregúntanlles cousas boas que lle dirían a xente coñecida e pregúntanlles se algunha delas dixéronllas a eles, sendo poucos os que aseguran que lles dixeron eses cualificativos bos. Unha das participantes deixou a seguinte reflexión: "As cousas boas non se expresan moi a miúdo".

Unha pena!

FONTE: laregion.es

0 comentarios