Blogia
vgomez

HIPERPATERNIDADE

 

Eva Millet, xornalista e escritora especializada en educación e crianza, advirte dos efectos en nenos e mozos da “hiperpaternidade”, un modelo que xurdiu en Estados Unidos coa primeira xeración “milenial” e que xa chegou a España. Este novo fenómeno vai “da sobreprotección ao control excesivo, tanto en casa como na aula”, desautoriza aos profesores e invade o espazo dos nenos na escola. Millet investigou este cambio na educación a través de entrevistas a psicólogos, pedagogos, educadores, pais e mestres, a quen dá voz nos seus libros “ Hiperpaternidade” e “Hipernenos”. A autora sinala que este sistema de “crianza monstruosamente intensivaestá a crear unha xeración de mozos ansiosos, impacientes, dependentes, con medos e baixa tolerancia á frustración, que ademais se reflicte na súa aprendizaxe e rendemento académico. Millet propón que “as nais tigre, os pais apisoadora ou helicóptero” dean paso cara a un modelo que lles permita relaxarse, confiar no sentido común e nos fillos, e non apostar só pola acumulación de experiencias e coñecementos, senón por unha “educación do carácter” que reforce o seu empatía, resistencia, valores e tolerancia á frustración.

0 comentarios