CINE: "JURASSIC WORLD: O REINO CAÍDO"
Cartel da película / Imaxe:americatv.com.pe
Esta fin de semana chega aos cines a película "Jurassic World: O Reino Caído", unha secuela de "Jurassic World" (2015), a cuarta película máis taquilleira da historia do cinema, e reinicio de Parque Xurásico. Esta é a súa ficha técnica
Título orixinal: Jurassic World: Fallen Kingdom
Xénero: Ciencia ficción
Ano:2018
Duración: 128 min.
País: Estados Unidos
Produtora: Universal Pictures / Amblin Entertainment / The Kennedy / Marshall Company / Perfect World Pictures / Legendary Pictures
Distribuidora: Universal Pictures
Dirección: J.A. Bayona
Guión: Colin Trevorrow, Derek Connolly
Música: Michael Giacchino
Fotografía: Óscar Faura
Reparto: Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, James Cromwell, Rafe Spall, Toby Jones, Justice Smith, Daniella Pineda, Ted Levine, Geraldine Chaplin, Jeff Goldblum, B.D. Wong, David Olawale Ayinde, Bobbi Jo Hart, Daniel Stisen, Robert Emms, Kamil Lemieszewski, Michael Papajohn, Peter Jason, Sean Gislingham, Max Baker, Faith Fay, Kevin Layne, Daniel Eghan, Ronan Summers, Deborah Rock, Charlie Rawes, Manoj Anand, Cory Peterson, Fran Targ, John Heartstone
Sinopse: Hai catro anos que o parque temático e luxoso complexo turístico Jurassic World foi destruído por dinosauros fóra de control. Illa Nublar foi abandonada polos homes e os dinosauros sobreviven como poden na xungla. Unha erupción volcánica ameaza aos dinosauros restantes na Illa Nublar. Claire Dearing, ex xerente do parque, agora fundou unha organización dedicada a protexer aos dinosauros. Para axudar coa súa causa, recrutou a Owen Grady, o ex adestrador de dinosauros que traballou no parque, para evitar a extinción dos dinosauros.
Unha nova fantasía sobre bichos prehistóricos!
0 comentarios