Blogia
vgomez

PARA QUE SERVEN AS MATEMÁTICAS?

 

Doutor en matemáticas pola Universidade da Rioxa, onde actualmente exerce como profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos, Eduardo  Saénz de  Cabezón realiza unha intensa divulgación das matemáticas como membro e fundador do grupo de científicos e investigadores “Big Van Científicos como unha seda”. Ademais, participa en conferencias e talleres por todo o mundo contaxiando a súa paixón por esta “linguaxe das ciencias". O seu labor investigador céntrase na área do álxebra  computacional á que contribuíu con numerosos artigos e colaboracións con matemáticos españois e europeos. Aprender matemáticas convértenos en “cidadáns máis libres, máis difíciles de manipular…Sirve para comprender o mundo no que estamos pero tamén para comprendernos a nós mesmos”, destaca este recoñecido  divulgador.

0 comentarios