O CEO DO MES: AGOSTO 2018
Chuvia de meteoros das Perseidas
4 de agosto: Cuarto Minguante
11 de agosto: Lúa Nova
18 de agosto: Cuarto Crecente
26 de agosto: Lúa Chea
Chuvia de meteoros: Perseidas (popularmente coñecidas como bágoas de San Lourenzo): do 17 de xullo ao 25 de agosto con máximo 12-13 de agosto. Proveñen dun cometa chamado 109 P/ Swift-Tuttle, un enorme cometa cun núcleo de 26 Km de diámetro que nos visita cada 133 anos. Cando a Terra intercepta os restos que deixou este cometa na súa órbita aparecen as fantásticas perseidas. Ten unha Taxa Horaria Zenital (número de meteoros por hora na hora do máximo) de 100-150 meteoros por hora. O seu radiante é a constelación de Perseo.
0 comentarios