ADIVIÑA A NEBULOSA III
A solución á proposta de onte é: Os Alicerces da Creación, na Nebulosa da Aguia presentan unhas formas de trompa de elefante composto de gas interestelar e po que se atopan a uns 7.000 anos luz da Terra. Coñéceselle por este nome porque este gas e este po atópanse no proceso de formación de novas estrelas. Considérase unha das dez mellores fotografías do telescopio Hubble.
E imos coa proposta de hoxe!
3. As nebulosas fórmanse a partir dunha supernova. Saberías dicirnos como se chama a desta foto?

- É a nebulosa da Formiga
- É a nebulosa do Cíclope
- É a nebulosa Boomerang
FONTE: muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
0 comentarios