Blogia
vgomez

INSIGHT ASTRONOMY PHOTOGRAPHER OF THE YEAR

 

Gardián da luz do fotógrafo James Stone (Australia). A Vía Láctea elévase sobre un faro illado en Tasmania. O fotógrafo planificou a súa posición para fotografar a composición perfecta, posicionando a Vía Láctea en conxunto co faro e observando a mellor maneira de iluminar a torre para lograr un efecto artístico. Esta imaxe é parte dunha secuencia de lapso de tempo, o que lle dá ao fotógrafo algo de tempo para subir á torre na sala da lanterna do faro e reflexionar sobre a vida dura e solitaria, pero incrible que vivirían os antigos faros. Fotografía: James  Stone / Museo Marítimo Nacional

O Observatorio Real de Greenwich en Reino Unido convoca cada ano este certame de fotografía astronómica (Insight Astronomy Photographer of the Year) . Miles de imaxes excepcionais de fotógrafos afeccionados e profesionais de todo o mundo (máis de 4.200 fotos provenientes de 91 países) participaron. A exposición cos gañadores inaugurarase o 24 de outubro de 2018 en Londres, concretamente no Museo Marítimo Nacional.

De non poder asistir, aquí tes a solución, preme AQUÍ.

FONTE: theguardian.com e muyinteresante.es

0 comentarios