CINE: "O PRIMEIRO HOME"
Esta longa fin de semana chega aos cines a película "O primeiro home", baseada na obra de James R. Hansen, sobre a vida do astronauta estadounidense Neil A. Armstrong, quen se converteu no primeiro home en poñer un pé sobre a superficie da Lúa. Esta é a súa ficha técnica:
Título orixinal: First Man Ano:2018
Duración: 133 minutos
País: EEUU
Xénero: Aventuras. Biográfica
Produtora:Universal Pictures/DreamWorks SKG/Temple Hill Entertainment/Perfect World Pictures
Distribuidora:Universal Pictures
Director: Damien Chazelle
Guión: Nicole Perlman, Josh Singer
Música: Justin Hurwitz
Fotografía: Linus Sandgren
Reparto: Ryan Gosling, Jason Clarke, Claire Foy, Kyle Chandler, Corey Stoll, Pablo Schreiber, Lukas Haas, Brian d’Arcy James, Aurelien Gaya, Ciarán Hinds, Ethan Embry, Patrick Fugit, Shea Whigham, Christopher Abbott, Cory Michael Smith, Brady Smith, Perla Middleton, J.D. Evermore
Sinopse: A película centra a súa historia no programa espacial que levou a cabo a NASA entre os anos 1961 e 1969, desde as primeiras investigacións ata o momento en que finalmente Neil Armstrong viaxa á Lúa no Apolo 11. Un relato contado desde a perspectiva de Armstrong que explora o custo que supuxo, para o astronauta, a súa familia e os seus colegas, o levar a cabo esta misión que foi unha das máis perigosas da historia.
Unha boa película sobre un momento único na historia do home!
0 comentarios