NUTRISCORE
Francia xa aplicou o modelo Nutriscore hai seis meses / MSCBS/elmundo.es
O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, anunciou a implantación en alimentos e bebidas dun logotipo de cinco cores, para facilitar á cidadanía información precisa sobre a calidade nutricional do produto.
Este código, coñecido como Nutriscore e que segue as recomendacións das sociedades científicas, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros países da Unión europea (UE), está a aplicarse xa en Francia desde hai seis meses e está pendente de introducirse en Bélxica e Portugal.
En España, tamén se empezará a ver nos supermercados en breve. A medida será obrigatoria dentro dun ano, o prazo en que estará aprobado o real decreto.
O código de cinco colorees consiste nun gráfico con coloración gradual do verde ao vermello en cinco niveles ao estilo dun semáforo. Cada produto destacará a cor que lle corresponda en función do seu azucre, graxas saturadas, sal, calorías, fibra e proteínas, de tal forma que os verdes identificarán os produtos máis saudables e os vermellos os de menor calidade nutricional.
A información da nova etiquetaxe permitirá á cidadanía comparar produtos semellantes de forma sinxela e tomar unha decisión informada e motivada para seguir unha dieta máis saudable.
Unha boa medida!
FONTE: elmundo.es/ciencia
0 comentarios