VOLTA AO MUNDO EN MENOS DE 15 MINUTOS
A Axencia Espacial Europea publicou o timelapse máis longo desde o espazo para celebrar o 20 aniversario da Estación Espacial Internacional. O vídeo, elaborado polo astronauta Alexander Gerst desde a EEI, recrea unha volta ao mundo en menos de quince minutos. Comeza en Tunes a través de Pequín e Australia en dúas voltas completas ao redor do planeta. Son 21.375 imaxes da Terra, que se mostran 12,5 veces máis rápido que a velocidade real.
Impresionante!
0 comentarios