PARABÉNS ÁS CAMPIONAS
Ata agora, España só tiña dúas Copas do Mundo de fútbol, ambas na categoría masculina: a lograda pola sub-20 en Nixeria en 1999 e a que chegou en 2010 en Sudáfrica. Ao fútbol feminino español faltáballe un Mundial, e as mozas da selección sub-17 lográrono onte ante México na final en Montevideo (2-1).
O fútbol feminino sempre foi deixado de lado e incluso mal visto. Lembro na nosa localidade cando as nenas, inluída a miña filla, xogaban nun equipo mixto (U.D A Guía). Posteriormente formouse un equipo feminino (C.U.D. Unión Guardesa). Deles sairon algunhas xogadoras de ámbito nacional.
Dende aquí quero rendirlle unha homenaxe a esas loitadoras. Parabéns!
0 comentarios