Blogia
vgomez

CHEGA O INVERNO

El frío y las heladas continúan en el interior peninsular

 

Frío e xeadas típicas do inverno / Imaxe: Europa Press/antena3.com

Hoxe, 21 de decembro, ás 23 horas e 23 minutos da noite, hora oficial peninsular, comeza o inverno. E xusto hoxe é o día máis curto do ano e tamén a noite máis longa (solsticio de inverno). A partir deste momento os días comezan a medrar pouco a pouco..

Esta estación durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo co comezo da primavera.

O  inicio  das estacións  vén  dado,  por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol acada a súa posición máis austral. O día en que isto sucede, o Sol alcanza  a súa  máxima declinación Sur (-23º  27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia. A esta circunstancia chámaselle tamén solsticio (“Sol quieto”) de inverno.  Neste instante, no hemisferio sur iníciase o verán.

FONTE: astronomia.ign.es

0 comentarios