A FOTOGRAFÍA TOMADA MÁIS PRETO DO SOL
Forografía tomada preto do Sol / Imaxe: NASA /PARKER
A sonda Parker está xa no inferno solar. Protexida por un escudo térmico de carbono que lle permite traballar nunha contorna extremadamente hostil, a nave que a NASA lanzou o pasado mes de agosto comezou a transmitir os datos científicos cos que os astrofísicos pretenden investigar algúns dos enigmas que rodean á nosa estrela.
Parker Solar Probe é o obxecto creado polo home que máis se está achegando ao Sol así que a imaxe tomada desde a coroa solar (o seu halo ou parte máis externa) que acaba de presentar a axencia espacial de EEUU é tamén unha fotografía de récord. Foi captada o pasado 8 de novembro, cando se atopaba a uns 27 millóns de quilómetros da superficie da estrela. O récord de achegamento tíñao ata agora a sonda Helios B, que en 1976 colocouse a 44 millóns de quilómetros de distancia.
Segundo detallou a NASA nun comunicado, o punto brillante que se ve case no centro da imaxe é Mercurio, mentres que os outros puntos escuros que están en liña son o resultado do proceso de corrección.
A fotografía, tomada co instrumento WISPR, mostra un tipo de estrutura que hai na atmosfera do Sol chamada bucle da coroa, que está formada por material solar e orixínase en rexións nas que hai gran actividade
FONTE: teresa Guerero/elmundo.es/ciencia
0 comentarios