NORMAS NO USO DA TECNOLOXÍA NA CASA
Capaz de descifrar os enigmas do mundo infantil, a psicóloga e escritora Elizabeth Kilbey é a cara máis coñecida da serie de televisión británica “A vida secreta dos nenos”, onde analiza o comportamento dos pequenos de entre 4 e 6 anos que participan no programa.
Kilbey é investigadora do campo da psicoloxía clínica e está especializada en ’a idade de latencia’, que define como “o período que vai dos 4 aos 11 anos máis ou menos e que é unha das etapas máis importantes, aínda que máis descoidadas, do desenvolvemento do neno”.
A doutora traballou durante dúas décadas propoñendo solucións ás problemáticas familiares máis comúns e nos últimos anos recibiu na súa consulta unha preocupación recorrente: o uso incontrolado de novas tecnoloxías por parte dos nenos. “As pantallas están a cambiar a forma na que os nenos xogan, o modo no que socializan e as actividades que ocupan o seu tempo” asegura a psicóloga. Co ánimo de achegar solucións, Kilbey publicou recentemente ’Nenos desconectados’, un libro no que analiza o impacto dos dispositivos de pantalla e no que proporciona ferramentas para xestionalos e crear unha contorna familiar segura.
0 comentarios