Blogia
vgomez

ESTA NOITE ECLIPSE TOTAL DE LÚA

Eclipse de Lúa / Imaxe: ilustradordigital.e

Esta noite, na madrugada do domingo ao luns, terá lugar unha eclipse lunar total que será visible desde toda España. O noso satélite estará ben aliñado co Sol e a Terra e a Lúa mergullarase no cono de sombra creado polo noso planeta dando lugar a unha eclipse lunar.

O noso satélite mostrarásenos tinguido dun vermello profundo. A fase de totalidade, ou Lúa de sangue, durará un total de 62 minutos: desde as 5 horas e 41 minutos ata as 6 horas e 43 minutos. A eclipse finalizará pouco antes do ocaso da Lúa e da saída do Sol.

Que acompañe o tempo!

0 comentarios