PREMIO FRONETEIRAS DO COÑECEMENTO NA CATEGORÍA DE BILOXÍA E DIOMEDICINA
O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Bioloxía e Biomedicina foi concedido na súa undécima edición ao investigador estadounidense Jeffrey Gordon, "polo seu descubrimento fundamental da importancia da comunidade microbiana intestinal para a saúde humana", sinala a acta do xurado.
"Gordon e o seu equipo foron os primeiros en demostrar a importancia do microbioma intestinal na regulación da fisioloxía animal", prosegue a acta. "Tras este achado fundamental, moitos grupos en todo o mundo demostraron que os microorganismos que poboan o intestino desempeñan un papel central na saúde e en enfermidades como a obesidade, a diabetes ou a enfermidade inflamatoria intestinal, e poderían ter importantes implicacións na patogénesis de enfermidades neurolóxicas e na resposta a fármacos".
O traballo de Gordon inaugura toda unha nova área de investigación básica en biomedicina para entender o papel dos microbios no funcionamento normal do organismo, e abre novas vías de investigación no estudo de múltiples enfermidades, así como na procura de tratamentos innovadores.
Jeffrey Gordon (Nova Orleans, EEUU-1947) é biólogo e profesor distinguido da Universidade Dr. Robert J. Glaser e Director do Centro de Ciencias do Xenoma e Bioloxía de Sistemas da Universidade de Washington en St. Louis.
Parabéns!
FONTE: elespanol.com/ciencia
0 comentarios