WORLD PRESS PHOTO 2019
Nena chorando na fronteira. Ise é o título da mellor fotografía do ano segundo o concurso World Press Photo 2019. Fíxoa o estadounidense John Moore para a axencia Getty cando un policía de fronteiras en McAllen (Texas) cacheaba, o 12 de xuño de 2018, a Sandra Sánchez, de Honduras, e nai de Yana, de dous anos.
World Press Photo, foi fundada en 1955 e é unha organización independente sen ánimo de lucro con sede en Ámsterdam (Países Baixos).
Se queres coñecer o resto de finalistas e os gañadores nas diferentes categorias preme AQUÍ.
FONTE: worldpressphoto.org e es.wikipedia.org
0 comentarios