PERO SOMOS TAN INTELIXENTES?
Está considerada como unha das mulleres científicas de maior impacto no século XX. Os ollos de Jane Goodall brillan ao compartir as súas historias de onte, convertidas hoxe en grandes leccións de vida sobre a ciencia e a educación: "Se curiosa e comete erros, se paciente e non te rendas", repite esta muller extraordinaria. Goodall é Doutora en Etoloxía pola Universidade de Cambridge e Doutora ’honoris causa’ por máis de 45 universidades do mundo. Recibiu máis de 100 premios internacionais como o Premio Príncipe de Asturias de Investigación, a Lexión de Honra da República de Francia, o título de Dama do Imperio Británico ou a Medalla de Ouro da UNESCO, entre outros. Ademais é “Mensaxeira da Paz” de Nacións Unidas. Goodall viviu a súa infancia e mocidade cun só soño: viaxar dende a súa Inglaterra natal a África para estar preto dos animais e escribir sobre eles. En 1960, con apenas 23 anos, fixo realidade o seu propósito da man do famoso antropólogo Louis Leakey quen lle encargou a arriscada misión de viaxar á selva de Gombe, Tanzania e converterse así no primeiro ser humano en observar e investigar aos chimpancés salvaxes. Acompañada da súa nai comezou un proxecto de investigación de seis meses de duración. Hoxe, case 60 anos despois, continúa desenvolvéndose grazas ao equipo de investigadores do Instituto Jane Goodall na que é, unha das investigacións de campo máis prolongadas sobre animais en liberdade. As investigacións da Doutora Goodall revolucionaron á comunidade científica e fascinaron ao mundo enteiro. A súa perseveranza, intuición, empatía e capacidade de observación, non só permitíronnos descubrir o descoñecido mundo dos chimpancés e doutras especies, senón que, convídannos a reflexionar sobre nós mesmos, promover un estilo de vida máis sustentable e a construír unha sociedade máis xusta.
0 comentarios