Blogia
vgomez

CLUB DA COMEDIA... CIENTÍFICA

 

FameLab naceu en 2005 grazas a unha idea orixinal do Festival de Cheltenham, cuxo principal obxectivo é fomentar a divulgación da ciencia identificando, formando e dando a coñecer novos talentos da ciencia a través dun formato innovador: o monólogo científico. Desde 2007, grazas á asociación co British Council,  FameLab celébrase en máis de 30 países de Europa, Asia, África e Estados Unidos. Xa son máis de 7.000 investigadores de todo o mundo os que participaron nalgunha das súas edicións.

En España, quen organiza Famelab é a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Para que coñezades algúns dos que loitaron polo primeiro posto desta sétima edición, comezo unha serie de monólogos que seguro que deixaranvos coa boca aberta e un sorriso na cara.

Comezamos!

Un dos semifinalistas desta edición foi Mariola Penadés Fons (Fundación para o Fomento da Investigación Sanitaria e Biomédica da Comunitat Valenciana). O seu monólogo "HISTORIA DUN SECUESTRO"

Que o disfrutedes. Mañá outro! 

FONTE: fecyt.es


0 comentarios