CÓCTEL DE SABERES XV
A contestación a pregunta de música de onte é Vivaldi. As catro estacións é un conxunto de 4 concertos para violín do compositor barroco Antonio Vivaldi (1678-1741). Compúxoas en 1723, e é súa obra máis coñecida e, tamén, unha das máis popularizadas de toda a música clásica. Os concertos publicáronse en 1725 formando parte dun conxunto de doce concertos, op. 8, co título Il Cimento dell’armonia e dell’inventione. Os primeiros catro concertos chamáronse Le quattro stagioni e fan referencia a cada unha das estacións do ano. Cada concerto segue a estrutura de tres movementos, cun movemento lento central (lento, adagio, largo), no medio de dous movementos rápidos (allegro, presto, etc.).
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Deporte. Dende 1896 celebráronse ininterrompidamente os Xogos Olímpicos cada catro anos.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
0 comentarios