Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA X

VERTICAIS: 1. Froita cítrica  que pertence á familia das rutáceas e que procede da árbore Citrus paradisi. Duns 15 centímetros de tamaño, está recuberta cunha casca grosa e  carnosa, amarela ou  rosácea 2. Froito da amendoeira 3. Froito dunha árbore da mesma familia ca a laranxeira, máis pequeno ca a laranxa e cunha pel que se desprende facilmente 4. Froito da vide 6. Variedade de ameixa moi doce, de forma redonda, pel de cor verde e polpa amarelada.

HORIZONTAIS: 2. Froito de forma case esférica e cuberto dunha casca dura, que encerra unha semente oleaxinosa comestible de cor branca e sabor agradable, que moitas veces forma parte das tabletas de chocolate 5. Froito comestible de carne branca e pel fina de cor verde amarela ou vermella segundo as variedades e da que tamén se obtén a sidra 6. Froito comestible do Castanea sativa, que é o elemnto esencia dunha festa popular galega que se celebra no inverno 7. Froito da milgranda, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume 8. Froito do Diospyros kaki (fíxate no nome) 9. Froito da nogueira, que consta dunha parte carnosa e comestible, a semente, e dunha casca leñosa e dura dividida en dúas metades 10. Froito comestible dunha planta tropical americana, o ananás, de aspecto parecido ao froito do piñeiro.

0 comentarios